Un proxecto dende Tomiño con dimensión europea!

 

  Estar nun curruncho afastado de Bruselas e Estrasburgo non significa estar á marxe das políticas europeas. De feito, Galicia forma parte desas zonas onde as decisións tomadas dende as institucións europeas teñen a súa importancia, xa que moitas das cousas que aquí se fan depende do que se orzamenta a moitos km de distancia.

  E claro... Dándolle á cachola, nestas cavilacións baixomiñotas, chegouse a unha conclusión: e se en vez de agardar que decidan por nós, dicimos o que queremos e, logo, xa veremos como acordamos?

  Pois nesas andamos, e para comezar, que mellor que escoitar á xente nova! O termo técnico é Diálogo Estruturado, é dicir, artellar un sistema para recoller as opinións da xente, chegar algún tipo de conclusións e iso trasladalo ás/aos nosas/os responsables políticos. Diso vai este proxecto, promovido dende o Concello de Tomiño a través da OMIX.

  Como non é plan andar divangando nos inframundos etéreos, concretamos 2 accións moi clariñas:

 1. Crear un sistema para que a xente nova de Tomiño opine e dea ideas sobre as Políticas de Mocidade. O resultado desa participación activa será que o 50% (como mínimo) dos cursos que se organizan dende a OMIX de Tomiño sexan propostos e escollidos pola mocidade, a través dun proceso claro e transparente.

 2. Aprender un pouquiño máis sobre como se repartes os cartos nas institucións europeas e, sobre todo, saber que fai o Parlamento Europeo, xa que en maio de 2014 hai eleccións a este parlamento, o meirande proceso democrático internacional.

   Foto do primeiro proxecto desenvolvido. Training Course "Europes on the Borders". 2011



Este proxecto está cofinanciado pola Axencia Nacional Española dentro do programa "Erasmus+: Juventud en Acción". 

O presente proxecto é financiado co apoio da Comisión Europea. Esta web é responsabilidade exclusiva dos/as autores. A Comisión non é responsable do uso que poida facerse da información aquí difundida.